hist3.gif (15544 bytes)

Primeiros Orixenes

    Se nos remontamos ao prinicipio do noso milenio e tomamos boa nota da  herencia de Estrabón, Plinio, Ptolomeo e outros, poderemos considerar que esta terra estaba habitada por familias máis ou menos  numerosas e organizada en grupos xentilícios dos que se teñen referéncias de uns cincuenta núcleos relevantes de poboación.
Algúns deles son sumamente coñecidos e estaban asentados, sobre todo próximos á costa e ós ríos principais: entre os ríos Ulla e Lérez habitaban os Cilenos que poideron internarse por terras estradenses até os Plesamarcos e Caporos situadas ao norde do Ulla ainda que xa antes deles se falaba dos Saefes entre os primeiros poboadores.
.
.

    Estas poboacións deron lugar a un "habitat" especial, o dos castros, especie de fortificacións circulares u ovais cinxidas de parapetos concéntricos, terrapléns, a veces con foxos con inxeniosos sistemas de protección nas entradas, todo terminado nunha planada cha. Discutiuse se eran lugares permanentes de vivenda ou si eran únicamente refuxio paras as noites, dado que estaban situadas no cumio dalgún outeiro e o conxunto de edificacións reciben o nome de "citanas.

    Destes castros temos na Estrada a moi considerable cifra de trinta. Máis tarde coa invasión dos romanos e despois de centos de anos de loitas ata o sometemento final e a pacificación, baixaron ou foron obrigados a baixar dos seus castros, dos que se detallará máis información máis adiante.

 

 

 

Raíces históricas: Súas Visicitudes

    As terras que hoxe constitúen o concello de A Estrada noutros tempos estiveron políticamente divididas en coutos e xurisdiccións, nas cais mandaban impoñendo a sua lei o Señor, ou sendo en outros casos propiedade en grande parte da Mitra Compostelán coma terras achegadas á
cidade do Apostol. Polos séculos XII a XV e posteriores, e
particularmente no XIV. En tempos do Arzobispo Xelmirez estos cotos non estaban perfectamente deslindados dependendo da maior ou menor forza dos Señores feudais que os posuían, dominaban e asovasallaban ó  veciño imprantando a ley do máis forte.

    Entonces contábamos cos seguíntes coutos ou xurisdiccións:

Tabeirós:
Era a maior xurisdicción, abarcando as parroquias de Agar, San Pedro Santomé de Ancorados, Arca, Barbude, Berres, Callobre, Creixo, Cira, Dornelas, Gimarei, Lamas, Limil, Moreira, Nigoi, Olives Orazo Paradela, Parada, Pardemarín, Piñeiro, REmesar, Riobó, Ribeira, Rivela e Vinseiro. En
total 29 parroquias nas que Cira, Dornelas e Piñeiro pertencen agora a
Silleda.
Couto de Vea:
Compostas por Aguións, Baloira, San Miguel e Santa Maríña de Barcala, Cora, Couso, Frades, Matalobos, Santeles, Toedo e SanAndres, San Xulián, San Xorxe e Sta. Cristina. A parroquia de Figueroa pertencía a esta parroquia, así como Teo que pertence agora a Coruña..
Cuoto de Codeseda:
Compostas soamente por esta parroquia e a de Liripio.
Couto de Vega e Oca:
Composta por Arnois, Oca i en ocasións San Miguel de Castro
Couto do Viso:
Estaba formado pola parroquia de Lagartóns e nalgunas ocasión pola de Gimarei.


tipefin1.gif (676 bytes)

Volta a Páxina Principal

Cerrajeros Fontaneros Electricistas Desatascos Reparacion de Electrodomesticos enlaces
WEBS DEL GRUPO: Pintor en Madrid | Desatascos en Madrid | Reparacion Piscinas en Madrid | Guia de Empresas | Billetes de Avion Baratos | Cerrajeros Barcelona